De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 10 das bases reguladoras, procédese á publicación da concesión dos premios do Comercio Galego convocados pola Orde do 18 de setembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia do 27 de setembro), que figura no anexo a esta resolución.
Norma reguladora: Orde do 18 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do Comercio Galego 2024 (código de procedemento IN214C).
Finalidade da subvención: premios do Comercio Galego.
Crédito orzamentario: 19.000,00 €.
Aplicación orzamentaria: 44.06.751A.481.0.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024
Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo
ANEXO
Beneficiarios dos premios do Comercio Galego
– Premio Comercio 2024, cunha contía de 5.000 euros:
Delirio Cotidiano, S.L. (Lectocosmos), NIF **** 3190.
– Premio Comercio Traxectoria 2024, cunha contía de 3.000 euros:
Vicente Abalo Ríos (Ventos), DNI 3541****.
– Premio Comercio Emprende 2024, cunha contía de 3.000 euros:
Lilia Méndez Iglesias (AO Domini), DNI 3498****.
– Premio Comercio Dinamización 2024, cunha contía de 5.000 euros:
Asociación CCA Carballo, NIF ****2148.
– Premio Comercio Consumo 2024 responsable, cunha contía de 3.000 euros:
Sara Álvarez Bermúdez (Boutique La Böcöque), DNI 7873****.
