DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2024 Páx. 67110

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de diversas prazas dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público para o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 247, do 30 de decembro de 2022, publicáronse as bases aprobadas por resolución do presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, por delegación da alcaldesa do 26 de xuño de 2023, relativas á convocatoria de diversas prazas dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público.

Advertidos algúns erros materiais nas bases xerais e específicas dese proceso, no BOP número 58, do 21 de marzo de 2024, publicouse a ratificación pola Xunta de Goberno do Consorcio da rectificación dos devanditos erros.

A dita corrección de erros reabre o prazo de presentación de solicitudes, que é de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 13 de decembro de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía do 26.6.2023)
Gonzalo Henrique Castro Prado
Presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña