DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 23 de decembro de 2024 Páx. 67255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico de Ribadeo (expediente 2024AAE2894).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 9 de decembro de 2024 sobre a modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico de Ribadeo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2894).

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade