DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 23 de decembro de 2024 Páx. 67259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de apoios na LMTA RED712, no concello de Mos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de apoios na LMTA RED712, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 9 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/554-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de apoios na LMTA RED712.

Concello: Mos.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36033A001002640000SM

Fonte Seca

Descoñecido

4 de abril de 2025

12.00

2

36033A001002650000SO

Fonte Seca

Descoñecido

4 de abril de 2025

12.00

3

36033A001002760000SS

Pelayo

Descoñecido

4 de abril de 2025

12.00