Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 31 de outubro de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado «LMT, CT, RBT Seiruga», no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/400-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 10 de decembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
LMT, CT, RBT Seiruga
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Malpica de Bergantiños-A Coruña
Expediente: IN407A 2023/400-1.
|
Parcela proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/Nº de apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecida/o |
15044A019008740000ED |
Campelo |
7,13 |
50,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
2 |
Descoñecida/o |
15044A019009000000EM |
Campelo |
6,20 |
98,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño. Matogueira |
||
|
3 |
José Ignacio Ordóñez Cousillas |
15044A019006390000ET Predio nº 14 |
Campelo |
31,30 |
504,0 |
Rústico. Agrario. Prados ou Pradarías |
||
|
4 |
María Cancela Doldán |
15044A019007110000EK Predio nº 13 |
Campelo |
11,80 |
170,0 |
Rústico. Agrario. Prados ou pradarías |
||
|
5 |
Hrdras./os. de José Novo Souto |
15044A019006350000EG Predio nº 16 |
Campelo |
54,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
|||
|
6 |
Michael Peter Aldred |
15044A019014820000EQ Predio nº 4 |
Campelo |
3,30 |
161,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
7 |
Michael Peter Aldred |
15044A019008980000EF Predio nº 3 |
Campelo |
15,0 |
Rústico. Agrario. Matogueira |
|||
|
8 |
Manuel Cousillas |
15044A019008720000EK Predio nº 9 |
Campelo |
5,90 |
95,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
||
|
9 |
José Ignacio Ordóñez Cousillas |
15044A019008590000EQ Predio nº 10 |
Campelo |
Apoio proxectado 2 |
2 |
56,50 |
901,0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.
