DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 23 de decembro de 2024 Páx. 67195

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa de primeira experiencia profesional mocidade (código de procedemento TR353C) da Orde do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio de 2024).

Primeiro. A Orde do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos establece, no artigo 4, que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nestes programas. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase, mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A dita orde establece no seu artigo 19.3 que, en aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentou a documentación completa requirida nas bases reguladoras, ata esgotar o crédito.

Terceiro. Establécese no seu artigo 4.1 que o financiamento se efectuará con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, a través dos créditos consignados na aplicación 44.04.322C.472.0, código de proxecto 2024 00081, cun crédito de 4.191.915 €.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria indicada no ordinal terceiro, ao abeiro do Programa de primeira experiencia profesional mocidade (código de procedemento TR353C) da Orde do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024:

– Aplicación orzamentaria 44.04.322C.472.0: día 17.6.2024, ás 18.30.29 horas (expediente TR353C-2024-340-00).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais