DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 23 de decembro de 2024 Páx. 67291

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo.

Unha vez rematado o proceso selectivo publicado no BOPPO núm. 152, do 6 de agosto de 2024, e no DOG núm. 149, do 2 de agosto de 2024, referente á convocatoria para prover varias prazas convocadas polo Concello de Ribadumia para cubrir as prazas de estabilización do emprego temporal incluídas na oferta de emprego público extraordinario de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, e vistas as resolucións de Alcaldía polas que se aproba a contratación das persoas que superaron os procesos selectivos, procédese á publicación dos nomeamentos que derivan deles:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo deste concello as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan a continuación:

Denominación da praza

Nome e apelidos

DNI

Técnico urbanismo, grupo A1

Diego Lucio Barral

***6998**

Monitor socio-cultural, grupo C2

Moisés Enríquez Moldes

***1359**

Segundo. Publicar os nomeamentos no BOPPO e no DOG, de conformidade co disposto no artigo 60.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ribadumia, 16 de decembro de 2024

David José Castro Mougán
Alcalde