O 23 de xullo de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 12 de xullo de 2024, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F).
Así mesmo, o 23 de xullo de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 775727 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 18.2 e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 11 de outubro de 2024 o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención, con indicación de que se lle notificase ao interesado.
Segundo o establecido nos artigos 16.3 das bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 12 de xullo de 2024 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.
Faise constar que, consonte o establecido no artigo 3 da Resolución do 12 de xullo de 2024, este crédito se financiará con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación do expediente que resultou beneficiario da subvención, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2024.
Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia
ANEXO
a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 12 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F, DOG núm. 142, do 23 de xullo).
b) Programa: 571A.
c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.770.0. Achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información.
d) Finalidade: subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos.
e) Entidade beneficiaria e cantidade concedida de subvención para o ano 2024:
|
Expediente |
Entidade |
NIF |
Subvención |
|
AP400F_003 |
Genesal Energy Ib, S.A. |
A15482904 |
16.777,89 € |
