DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 24 de decembro de 2024 Páx. 67391

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANUNCIO polo que se dá publicidade do Acordo do 17 de decembro de 2024 polo que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para cubrir o posto de xerente pola quenda de promoción interna.

Mediante o Acordo do 5 de decembro de 2024, publicado no Diario Oficial de Galicia número 235, do xoves 5 de decembro, anunciouse a convocatoria para a cobertura do posto de xerente pola quenda de promoción interna.

De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o tribunal de selección será nomeado polo Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. En virtude do anterior, o Consello de Administración realizado o 17 de decembro de 2024

ACORDOU:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para cubrir o posto de xerente pola quenda de promoción interna, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024

Margarita Ardao Rodríguez
Presidenta do Consello de Administración
de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANEXO

Tribunal

– Titulares:

Presidenta: María Luisa Boquete Pumar, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***3501**).

Secretaria: Patricia Rodríguez Franco, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***2522**).

Vogal: Fernando Manuel Sánchez López, corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñería industrial (***6357**).

– Suplentes:

Presidenta: María Adelaida Couto Piñón, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***0353**).

Secretaria: Lourdes Ledo Moure, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***1793**).

Vogal: María Belén Yáñez Barge, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (***1038**).