Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados polo expediente do parque eólico Airas correspondentes aos predios que se detallan no cadro anexo.
O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa rolda da Muralla, 70, baixo, 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Lugo, 10 de decembro de 2024
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Expediente 121-EOL.
Denominación: parque eólico Airas.
Concellos: Alfoz e Mondoñedo.
Entidade beneficiaria: Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.
|
Predio |
Polígono |
Parcela |
Propietario |
|
6 |
69 |
545 |
Fiscal da Audiencia Provincial (Descoñecido) |
|
15 |
56 |
239 |
Fiscal da Audiencia Provincial (Descoñecido) |
|
30 |
56 |
145 |
Fiscal da Audiencia Provincial (Descoñecido) |
|
68 |
47 |
119 |
Fiscal da Audiencia Provincial (Descoñecido) |
|
100 |
69 |
787a |
Fiscal da Audiencia Provincial (Descoñecido) |
|
104 |
56 |
436 |
Fiscal da Audiencia Provincial (Descoñecido) |
|
105 |
56 |
435 |
Fiscal da Audiencia Provincial (Descoñecido) |
|
123 |
56 |
414 |
Fiscal da Audiencia Provincial (Descoñecido) |
|
135 |
47 |
540 |
Fiscal da Audiencia Provincial (Descoñecido) |
|
141 |
55 |
208 |
Josefa Díaz Maseda |
