DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 24 de decembro de 2024 Páx. 67348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 9 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expedientes 15058001923R e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos a contar desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen teren presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 9 de decembro de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15058001923R

Y9987010X

Requirimento de documentación

17.10.2024

15061000424R

X5114041Z

Requirimento de documentación

14.10.2024

15046001323R

Y8924315F

Requirimento de documentación

6.11.2024

15005008923R

Z0226284S

Requirimento de documentación

4.11.2024

15030063623R

Y9763060B

Requirimento de documentación

7.11.2024