DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67581

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, do 30 de outubro de 2024 (DOG núm. 216, do 8 de novembro), fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con data do 22 de novembro de 2024 rematou o prazo establecido no punto terceiro da devandita resolución para presentar reclamacións.

Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, apartado de <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á cidadanía a través do teléfono 012.

As devanditas listas incluirán a seguinte información:

– Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 e 9 bis do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), xunto coa documentación xustificativa de ter aboado as taxas administrativas.

Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de camiños, canais e portos

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría industrial

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de minas

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de montes

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de ciencias. Especialidade Bioloxía

A1

2069

Escala de ciencias. Especialidade Química

A1

206K

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos

A1

206L

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos

A1

2072

Escala de arqueólogos

A1

2080

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de telecomunicación

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

208F

Escala de facultativos. Especialidade Medicina

A1

208G

Escala de facultativos. Especialidade Psicoloxía

A1

208H

Escala de facultativos. Especialidade Pedagoxía

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo

A1

2093-06

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica forestal

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala de inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos

A2

206X

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

A2

2073

Escala de arquitectos técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica industrial

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica agrícola

A2

2079

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de minas

A2

2085

Escala técnica de estatísticos

A2

2094-02

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque

A2

208A

Escala de técnicos facultativos. Especialidade Enfermaría

A2

208B

Escala de técnicos facultativos. Especialidade Fisioterapia

A2

208C

Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educadores

A2

208D

Escala de técnicos facultativos. Especialidade Terapia ocupacional

A2

208E

Escala de técnicos facultativos. Especialidade Traballo social

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

B

208J

Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade xardín de infancia

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

207C-02

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir)

C1

207V

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón

C1

207W

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico

C1

2081

Escala de delineantes (a extinguir)

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C2

20A3

Escala de auxiliares de clínica

2055

Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal subalterno

209R

Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade Persoal de limpeza e cociña

ANEXO II

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

032

Técnico/a superior en centros de arte

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

031

Restaurador/a

II

038

Perito/a-xudicial diplomado/a

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

011

Encargado/a agrario/a

III

012

Mestre/a de taller

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada

III

034

Especialista de oficios (debuxante)

III

036

Experto/a audiovisuais

III

037

Técnico/a de son

III

045

Técnico/a de luces

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza

III

063

Oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a

III

064

Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III

065

Oficial/a 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª

III

066

Axudante/a taller. Adxunto/a taller

III

068

Oficial/a 1ª agrario, capataz agrario

III

069

Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira

III

090

Animador/a sociocultural

III

097

Auxiliar de son

III

101

Proxeccionista

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

III

104

Intérprete de linguaxe de signos

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV

005

Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

009

Oficial/a 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

IV

024

Xastre/a

IV

034

Axudante/a restauración e proxección cinematográfica

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

003-02

Resolución do 26 de xuño de 2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño de 2018). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

008

Peón/oa agrario/a

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10D

Socorrista

V

10F

Peón/oa forestal

Grupos e categorías do persoal laboral dos Servizos
de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico/a superior defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais

III

100

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV

032

Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV

033

Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

IV

037

Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

V

014

Bombeiro/a forestal

V

14A

Bombeiro/a forestal condutor/a