DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoios LMT ATI713 A Casilla, no concello do Porriño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoios LMT ATI713 A Casilla, que se realizarán na casa do concello do Porriño, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 11 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/131-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución apoios LMT ATI713 A Casilla.

Concello: O Porriño.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36039A031001780000D

Requeixo

Descoñecido

22 de xaneiro de 2025

13.00

2

36039A031001870000DR

Requeixo

Descoñecido

22 de xaneiro de 2025

13.00

3

36039A031002040000DY

Maceira

Descoñecido

22 de xaneiro de 2025

13.00