DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67575

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2024 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Biociencias Moleculares.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e declarado o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 17 de setembro de 2024 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 27 de setembro, por medio da Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 20 de setembro de 2024),

Este reitorado resolve publicar o plan de estudos conducentes á obtención do título oficial de máster universitario en Biociencias Moleculares pola Universidade de Santiago de Compostela.

O plan de estudos a que se refire a presente resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Biociencias Moleculares
pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 3500266.

Rama de coñecemento: Ciencias.

Ámbito de coñecemento: Bioquímica e biotecnoloxía.

Universidade participante: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

42

Optativas (OP)

18

Prácticas externas obrigatorias (PAE)

12

Traballo fin de máster (TFM)

18

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Caracterización e Estudos in Vitro de Compostos Bioactivos

OB

6

Materias obrigatorias

Comportamento Estratéxico nos Mercados Biotecnolóxicos

OB

6

Deseño de Experimentos e Análise Multivariante

OB

6

Fronteiras en Inmunoloxía

OB

6

Resistoma e Xenómica da Resistencia Antimicrobiana. Terapias Innovadoras Alternativas

OB

6

Técnicas Analíticas e Moleculares Avanzadas

OB

6

Técnicas de Intelixencia Artificial Aplicadas ao Ámbito Biomolecular

OB

6

Biociencias Moleculares e Economía Circular

OP

4,5

Materias optativas

Biomateriais: Propiedades e Aplicacións Biomédicas e Alimentarias

OP

4,5

Biotecnoloxía e Sociedade

OP

4,5

Fundamentos de Bioloxía Sintética

OP

4,5

Xestión da Calidade no Laboratorio Bioquímico

OP

4,5

Interacción e Recoñecemento de Biomoléculas

OP

4,5

Nanomateriais e Metais en Terapia e Diagnóstico

OP

4,5

Terapias Moleculares, Xénicas e Celulares

OP

4,5

Prácticas Externas

OB

12

Prácticas académicas externas

Traballo Fin de Máster

OB

18

Traballo fin de máster

Total créditos ofertados

108