DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67656

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do expediente 2024/PLANEAM/000009 (FG nº 735).

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela A (Solana de Icaria) do polígono leste, SUD-5 Icaria IV (Documento NRE 2024024565, do 20 de novembro), promovido por AQF Icaria IV, S.L.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello, www.oleiros.org

Oleiros, 3 de decembro de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente