DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 27 de decembro de 2024 Páx. 67850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia sobre a execución dunha resolución sancionadora (expediente SAN-LU-0044/2021-RE).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, 1º baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 13 de decembro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: execución da resolución sancionadora con expediente SAN-LU-0044/2021-RE.

Persoa interesada: 33342419D.

Acto notificado: resolución.