Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 16 de decembro de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 65839, onde di:
«A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo 2, escala de inspección turística, e realizar a dita proba o 16 de xaneiro de 2025».
Debe dicir:
«A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística».
