Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícase á persoa sinalada no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial, do 14 de novembro de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A., e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado núm. AGAN7MKC//49-41-8-2-BIS (LAMT 20 kV SIG802 Ordes 2), no concello de Ordes (expediente IN407A 2023/434-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 10 de decembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ordes. Expediente IN407A 2023/434-1
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (CT e/ou apoios) |
Natureza do terreo |
|
|
CT/Núm. do apoio |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecido |
15060A509002370000LR |
Fonte da Viña |
Novo apoio núm. 49-41-8-2-bis (RCS) |
2 |
Labor ou labradío de secaño |
