DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 27 de decembro de 2024 Páx. 67847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 4189/2024, interposto contra a Resolución do 15 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Sada.

Este centro directivo recibiu un oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo núm. PO 4189/2024, mediante o cal se nos solicita a remisión do expediente administrativo, así como o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado oficio, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024

Yago Borrajo Sánchez
Secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas