DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 27 de decembro de 2024 Páx. 67768

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2024, da Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas (código de procedemento TR349W) da Orde do 9 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 139, do 18 de xullo).

Primeiro. A Orde do 9 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas establece no artigo 4 que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nestes programas. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 9 de xullo de 2024 establece no seu artigo 16.3 que, en aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentou a documentación completa requirida nas bases reguladoras, ata esgotar o crédito.

Terceiro. A Orde do 9 de xaneiro de 2024 establece no seu artigo 4.1 que o financiamento se efectuará con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, a través dos créditos consignados nas aplicacións orzamentarias 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2024 00192, cun crédito de 1.225.000 €, e 44.04.322C.770.0, código de proxecto 2024 00192, cun crédito de 430.255,67 €.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, ao abeiro do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas (código de procedemento TR349W) da Orde do 9 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024:

– Aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3: día 2.8.2024, 15:04:16 horas (expediente TR349W-2024-79-00).

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais