DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 27 de decembro de 2024 Páx. 67855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 13 de decembro de 2024 polo que se notifica a comunicación á persoa titular da adxudicación do arrendamento do predio.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se indican no anexo deste anuncio a comunicación á persoa titular da adxudicación do arrendamento do predio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro do documento nas dependencias da Axencia (Lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Nº expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20113600001

Arrendamento do predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia

35528768R

Comunicación á persoa titular do predio da adxudicación do arrendamento do predio