En sesión que tivo lugar o día 20 de decembro de 2024, a Comisión de Selección nomeada pola Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas prazas dos grupos e categorías de titulado/a superior (grupo I, categoría 004), titulado/a grao medio (grupo II, categoría 007) e administrativo/a (grupo III, categoría 062), convocadas pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Aprobación da baremación definitiva do proceso selectivo extraordinario.
Aprobar a baremación definitiva das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos e categorías seguintes:
– Titulado/a superior (grupo I, categoría 004).
– Titulado/a grao medio (grupo II, categoría 007).
– Administrativo/a (grupo III, categoría 062).
Segundo. Propoñer o nomeamento das persoas aspirantes ás prazas convocadas
A Comisión de Selección propón ao órgano convocante o nomeamento como persoal laboral fixo das persoas que superaron o proceso selectivo extraordinario, de acordo co disposto no punto 2 da base V, unha vez rematado este. A proposta poderase consultar no taboleiro de anuncios do portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional e o anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co disposto na base VI da convocatoria, esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o establecido na Lei 39/2025, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024
Antonio Casas Calviño
Presidente da Comisión de Selección
