DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 30 de decembro de 2024 Páx. 68589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 1504-9743.

Mediante este anuncio faise público que, pola resolución do Departamento Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 4 de decembro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 1504-9743 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 429,48 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actual titular: María del Pilar Cambre González (***3296**).

Novos titulares: Carlos Gustavo Castro Cambre (***6523**) e Yonatan Castro Cambre (***8684**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Vigo, 4 de decembro de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo