DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 30 de decembro de 2024 Páx. 68117

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

DECRETO 196/2024, do 27 de decembro, polo que se nomea directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a Patricia García Sánchez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de decembro de dous mil vinte e catro,

NOMEO directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a Patricia García Sánchez.

Santiago de Compostela, vinte e sete de decembro de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar