DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 30 de decembro de 2024 Páx. 68526

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.

Na sesión que tivo lugar o día 19 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 21 de novembro de 2024 (DOG núm. 226, do 22 de novembro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso da escala técnica de facultativos, especialidade educador infantil.

Como consecuencia da estimación dunha serie de recursos de alzada, este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación das seguintes persoas aspirantes.

Alonso Treinta, Alicia, DNI ***9692**

Álvarez Fernández, Nuria, DNI ***2839**

Sánchez Duran, María Dolores, DNI ***6628**

Vergara Ramos, María del Carmen, DNI ***6089**

A puntuación definitiva obtida tras a modificación reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Segundo. Mediante a Resolución do 30 de outubro de 2024 (DOG núm. 215, do 7 de novembro) este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso da escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, e da escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

Como consecuencia da estimación dunha serie de recursos de alzada, este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación das seguintes persoas aspirantes.

Enxeñería técnica agrícola:

Fernández Fernández Secundino, DNI ***7114**

Enxeñería técnica forestal:

Meca Juncal, Ana Victoria, DNI ***9763**

Terceiro. De acordo co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024

Víctor Gallego Vincent
Presidente do tribunal