A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia establece no artigo 125.2. que «O Sistema público de saúde de Galicia estará en disposición de ser aproveitado para a docencia de pregrao e de posgrao, consonte o previsto na Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e na normativa reguladora das profesións sanitarias; para este efecto estableceranse os convenios de colaboración oportunos».
A Consellería de Sanidade recibe múltiples solicitudes procedentes de diferentes centros universitarios de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia en que se demanda a colaboración que lles posibilite aos seus alumnos a realización de estadías formativas de carácter práctico en centros asistenciais do Sistema sanitario público de Galicia ou en unidades administrativas da Consellería de Sanidade. As ditas solicitudes son especialmente numerosas en período preestival, por preverse a súa realización en período non lectivo, e con frecuencia atinxen a un só alumno, cuxo lugar de residencia no verán está en Galicia.
No caso de estudantes dos centros do Sistema universitario galego, os concertos asinados coas respectivas universidades pola Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde establecen o marco para o desenvolvemento desta formación de carácter práctico. Con todo, considérase necesario establecer un procedemento áxil para poder atender as solicitudes feitas desde outras universidades e que dea cobertura legal, académica e garanta outros aspectos de calidade asistencial e docente derivados da realización dos programas de prácticas.
Para ese efecto, elaborouse un modelo normalizado de convenio en cuxa cláusula vixésimo quinta, relativa ao «Rexistro de convenios, transparencia e bo goberno», se prevé que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Para xeral coñecemento, e en cumprimento da referida cláusula, dispoño a publicación no Diario Oficial de Galicia do modelo normalizado de convenio como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
ANEXO
Convenio de cooperación educativa entre a Consellería De Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta
Dunha parte, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo adscrito á dita consellería, e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, adscrita á Consellería de Sanidade, representados por Antonio Gómez Caamaño que actúa en nome e representación destes como conselleiro de Sanidade, presidente do Servizo Galego de Saúde e presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, de conformidade co establecido no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, así como co que dispoñen os decretos 144/2024 e 145/2024, do 20 de maio, polo que se establecen as estruturas orgánicas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, respectivamente, e co Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos, así como o establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
E doutra, as universidades adheridas a este convenio de cooperación educativa, de conformidade co procedemento previsto nel.
MANIFESTAN:
Primeiro. Que as prácticas académicas externas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada polas universidades, cuxo obxectivo é permitirlles a estes aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que os preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de emprendemento.
Segundo. Que, na actualidade, o Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, regula estas prácticas académicas externas dos estudantes universitarios e recolle a posibilidade de que estas se poidan realizar na propia universidade ou en entidades colaboradoras a través da subscrición de convenios de cooperación educativa que establecerán o marco regulador das relacións entre o estudante, a entidade colaboradora, a universidade e, de ser o caso, a entidade xestora de prácticas vinculada a esta última.
Terceiro. Que a Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, establece no seu artigo 104 que a estrutura asistencial do sistema sanitario debe estar en disposición de ser utilizada para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada.
Cuarto. Que a vontade da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e do Servizo Galego de Saúde é a de establecer e fomentar relacións de cooperación con universidades para conseguir profesionais cunha adecuada visión das necesidades reais ás cales deberán dar resposta no seu desempeño profesional futuro, a través das vías efectivas e eficientes de cooperación educativa cos centros universitarios.
Quinto. Que ao longo do ano, a Consellería de Sanidade recibe múltiples solicitudes procedentes de diferentes centros universitarios de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia en que demanda colaboración que lles posibilite aos seus alumnos a realización de estadías formativas de carácter práctico en centros asistenciais do Sistema sanitario público de Galicia ou en unidades administrativas da Consellería de Sanidade. As ditas solicitudes son especialmente numerosas en período preestival, por preverse a súa realización en período non lectivo, e con frecuencia atinxen a un só alumno, cuxo lugar de residencia no verán pertence ao ámbito xeográfico da nosa comunidade autónoma.
Sexto. Que, no caso de estudantes dos centros do Sistema universitario galego, os concertos asinados coas respectivas universidades pola Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde establecen o marco para o desenvolvemento desta formación de carácter práctico. Con todo, considérase necesario establecer un procedemento áxil para poder atender as solicitudes feitas desde outras universidades e que dea cobertura legal, académica e garanta outros aspectos de calidade asistencial e docente derivados da realización dos programas de prácticas.
Sétimo. Que, por todo iso, o procedemento establecido neste convenio, á disposición de todos os interesados, profunda na garantía de dereitos dos cidadáns e na transparencia e equidade das accións levadas pola Consellería de Sanidade.
Oitavo. Que a Consellería de Sanidade dispón dunha entidade pública, adscrita a través do Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (en diante, Acis), que se encadra dentro das entidades públicas instrumentais reguladas no título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e á cal lle corresponde a xestión da formación no Sistema público de saúde de Galicia.
Tendo en conta o anterior, é de interese das partes plasmar un compromiso de colaboración, a través deste convenio de cooperación educativa, de acordo coas seguintes
CLÁUSULAS:
Primeira. Obxecto e ámbito de aplicación
1. O obxecto deste convenio é establecer a forma e as condicións da cooperación educativa entre as partes, para a adecuada planificación, desenvolvemento e avaliación do programa de prácticas externas a través do cal o alumnado da universidade adherida a este (en diante a Universidade) poida complementar a súa formación teórica con formación práctica en centros asistenciais ou en unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade ou das entidades instrumentais adscritas a esta.
2. Esta formación práctica terá como obxectivo o coñecemento por parte do alumnado da metodoloxía e das técnicas do campo da titulación correspondente, a través do aproveitamento da experiencia da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde en áreas operativas relacionadas coa súa formación universitaria, promovendo o desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral dos futuros titulados e tituladas.
Segunda. Solicitudes de adhesión ao convenio de cooperación educativa
1. As solicitudes de adhesión a este convenio de cooperación educativa procedentes dos centros universitarios para a realización de formación práctica nos centros asistenciais e unidades administrativos adscritas ao Servizo Galego de Saúde e á Consellería de Sanidade ou nas entidades instrumentais adscritas a esta deberán ser presentadas á Acis cunha antelación mínima de dous meses á data de inicio da dita estadía práctica.
Estas solicitudes deberán ser cubertas segundo o modelo que figura como anexo I a este convenio de cooperación educativa.
2. As solicitudes de adhesión ao convenio de cooperación educativa que sexan atendidas implicarán unha resolución de adhesión na cal se establecerá o inicio da vixencia do acordo, e o prazo máximo da súa vixencia será o previsto na súa cláusula vixésimo sexta. En calquera caso, a validez da solicitude de adhesión a este convenio formulada pola Universidade,precisará da resolución de adhesión formalizada pola persoa titular da Consellería de Sanidade, ou persoa en quen delegue, segundo o modelo do anexo I deste convenio.
3. A adhesión a este convenio implicará a aceptación das partes das condicións fixadas nel.
4. A resolución pola que acepta a solicitude de adhesión a este convenio non implicará a aceptación da totalidade das prácticas concretas que se vaian solicitar, que deberán formular de acordo co previsto na cláusula vixésima.
5. En calquera caso, a realización das prácticas e o establecemento do número definitivo de alumnos participantes estarán suxeitos á dispoñibilidade docente nos correspondentes centros, dispositivos asistenciais e unidades administrativas, e tendo en conta criterios de índole didáctica e organizativa.
Terceira. Proxectos formativos das prácticas
1. De conformidade co artigo 24.5 do Real decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario, e co artigo 6 do Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, os proxectos formativos das prácticas externas contarán cunha planificación en que se farán constar as competencias que debe adquirir o/a alumno/a, a dedicación en créditos ECTS (European Credit Transfer Accumulation System; en galego, Sistema europeo de transferencia e acumulación de créditos), as actividades formativas que debe desenvolver o/a alumno/a, o calendario e o horario, e o sistema de avaliación.
2. Deste xeito, para cada tipo de prácticas a Universidade elaborará un proxecto formativo que fixará os obxectivos educativos e as actividades que se van desenvolver. Os obxectivos estableceranse considerando as competencias básicas, xenéricas ou específicas que debe adquirir o alumnado. Así mesmo, os contidos que se van desenvolver definiranse de forma que aseguren unha relación directa das competencias que se pretende adquirir cos estudos cursados. Os proxectos formativos seguirán os principios de inclusión, igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal.
Cuarta. Lugar de realización das prácticas
1. As prácticas obxecto deste convenio desenvolveranse nos centros e servizos asistenciais ou unidades administrativas que o Servizo Galego de Saúde ou a Consellería de Sanidade ou as entidades instrumentais adscritas a esta, no ámbito das súas competencias, poñan á disposición para tal fin.
2. A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde ou as entidades instrumentais adscritas a esta en que se realicen as prácticas facilitarán a utilización dos seus recursos e dispositivos asistenciais para o cumprimento dos proxectos formativos de prácticas. En cada centro asistencial ou unidade administrativa onde se vaian realizar as prácticas fixarase un plan de formación específico, acorde cos contidos e obxectivos establecidos en cada caso pola Universidade nos proxectos formativos.
3. A utilización dos ditos recursos e dispositivos asistenciais polo alumnado da Universidade non afectará de ningún xeito o normal funcionamento dos centros e servizos dependentes da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ou das entidades instrumentais adscritas a ela. Así mesmo, o alumnado respectará en todo momento a vida profesional da organización á cal se incorpora, especialmente as persoas coas cales establecen relación e os recursos que utilicen.
Quinta. Dereitos e deberes do alumnado en prácticas
1. Os dereitos e os deberes do alumnado que acceda ás prácticas serán os previstos no Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, e nas normas estatais que regulen a realización de prácticas externas do alumnado universitario, así como no Regulamento de prácticas académicas externas dos/das estudantes da Universidade.
2. O incumprimento por parte do/da alumno/a dos seus deberes ante a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde poderá determinar a perda automática dos seus dereitos como alumno/a en prácticas.
3. O alumnado estará suxeito á duración, calendario, horario, lugar e actividade establecidos no programa das prácticas, así como ao acatamento das normas propias do centro ou servizo de acollida. Aplicarase con dilixencia ás tarefas encomendadas e gardará sixilo sobre as tarefas que estea a realizar durante o seu período de prácticas, así como unha vez que este finalice, de acordo co sinalado na cláusula décimo oitava deste convenio.
Sexta. Selección do alumnado e selección dos centros para as prácticas
1. A selección do alumnado que vaia realizar as prácticas externas no marco deste convenio corresponderalle á Universidade, e deberá respectar os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade.
2. A Universidade deberá comunicarlle á Consellería de Sanidade, a través da Acis, os estudantes propostos para a realización das prácticas obxecto deste convenio, xunto coa referencia á titulación cuxos estudos están a cursar actualmente e os contidos e obxectivos da formación práctica para cada un deles, cunha antelación mínima de dous meses ao comezo da actividade que se solicita, recollendo os datos indicados na cláusula vixésima e no anexo II deste convenio.
3. A selección dos centros asistenciais ou unidades administrativas para a realización de prácticas e o establecemento do número definitivo de alumnas e alumnos aceptadas/os corresponderalles á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde ou ás entidades instrumentais adscritas a ela, a través da Acis, unha vez consultados os correspondentes centros e dispositivos asistenciais e unidades administrativas, e tendo en conta criterios de índole didáctica e organizativa.
Sétima. Duración das prácticas
1. A duración das prácticas externas curriculares ou extracurriculares será a que estableza o plan de estudos correspondente, nos termos regulados polos artigos 14 e 17 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
2. Os horarios da realización das prácticas estableceranse de acordo coas características destas e a dispoñibilidade da entidade colaboradora.
Oitava. Avaliación das prácticas
1. A avaliación das prácticas realizaraa a Universidade a través do/da titor/a, á vista da memoria elaborada polo/a alumno/a, do informe do/da titor/a de prácticas do centro ou unidade do Servizo Galego de Saúde ou da Consellería de Sanidade, ou da entidade pública dependente desta en que se realicen as prácticas, e daqueloutras probas que se consideren oportunas.
2. A asistencia ás prácticas é requisito indispensable para poder ser avaliado/a. O/a alumno/a deberá asistir, polo menos, á porcentaxe das horas de prácticas programadas prevista, de ser o caso, xunto co correspondente proxecto formativo.
Novena. Perda do dereito á realización das prácticas
1. Un alumno ou alumna poderá perder o dereito á realización das prácticas nos centros e servizos asistenciais ou unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde ou da Consellería de Sanidade ou das entidades instrumentais adscritas a esta, por algún dos seguintes motivos:
a) Baixo grao de aproveitamento.
b) Falta de asistencia non xustificada.
c) Interferencia co labor asistencial do centro.
d) Acceso a áreas ou zonas do centro para as cales non estea autorizado/a.
e) Causar intencionadamente danos ás persoas, instalacións e/ou bens durante a realización das prácticas.
f) Calquera outro comportamento ou actuación dunha gravidade asimilable aos anteriores.
2. A declaración da perda do dereito á realización das prácticas requirirá da tramitación do seguinte procedemento:
2.1. Inicio.
O procedemento iniciarase mediante acordo da persoa responsable do centro en que se integre a unidade na cal o/a alumno/a estea realizando as prácticas.
Para a elaboración deste acordo deberá solicitarse, como mínimo, un informe a cada un/unha dos/das titores/as da alumna ou alumno de que se trate. Así mesmo, poderán solicitarse outros informes que se consideren necesarios para o esclarecemento das circunstancias que, de ser o caso, poidan dar lugar á perda do dereito á realización das prácticas.
2.2. Trámite de audiencia.
Realizarase nos termos establecidos no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2.3. Elaboración da proposta de resolución por parte da persoa titular do centro do Servizo Galego de Saúde ou da Consellería de Sanidade ou da entidade pública dependente desta en que se realicen as prácticas.
Para a elaboración da proposta de resolución poderanse ter en conta as alegacións e o resultado das probas que, de ser o caso, propoña a alumna ou o alumno de que se trate, durante o trámite de audiencia, así como aquelas que poida acordar a persoa titular do centro.
2.4. A proposta de resolución do procedemento remitiráselle á persoa que ocupe a Xerencia da Acis, que será a competente para ditar a resolución que poña fin ao procedemento.
Esta resolución poderá ser impugnada en alzada ante o conselleiro de Sanidade, cuxa resolución poñerá fin á vía administrativa e poderá ser impugnada ante a xurisdición contencioso-administrativa.
Décima. Orientación e seguimento aos participantes
Durante a realización de prácticas, os/as estudantes contarán con titores/as de conformidade co establecido no artigo 24.6 do Real decreto 1791/2010, do 30 de decembro.
Os/as titores/as deberán cumprir os requisitos previstos no artigo 10 do Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, e terán os dereitos e deberes que determinen as normas de aplicación ás prácticas académicas externas.
En todo caso, nos centros asistenciais e unidades administrativas onde se leve a cabo a formación práctica designarase un titor ou titora con vinculación ao centro ou unidade, con experiencia profesional e cos coñecementos necesarios para unha titorización efectiva, baixo cuxa supervisión realizará as prácticas cada estudante, e que velará pola súa formación e polo cumprimento do plan específico fixado polo centro ou unidade.
Os/as titores/titoras das prácticas comprométense a orientar e asesorar individualmente a cada estudante, de maneira que se facilite a súa aprendizaxe nese contexto específico a través de diversas actividades, e a facilitarlle ao alumnado os datos e as axudas necesarias para o coñecemento da realidade a que se incorporan, de maneira que poidan participar nos proxectos de traballo que se están levando adiante.
Tamén deberán facer un seguimento formativo do alumnado que titorizan, articulando a fórmula máis idónea para que a experiencia das prácticas resulte beneficiosa.
Unha vez finalizada a súa estadía formativa, a persoa designada polo centro asistencial ou unidade administrativa para a titorización emitirá un informe sobre as actividades realizadas por cada alumna ou alumno durante o período de prácticas, en que indica o período (datas de inicio e fin) e o número de horas totais.
A Universidade, como recoñecemento do esforzo do persoal que titoriza a formación práctica, deberá emitirlle a cada profesional un certificado acreditativo do seu labor de titorización segundo o modelo que se xunta como anexo V a este convenio ou segundo o modelo vixente na dita universidade, sempre que incorpore os datos recollidos no citado anexo V.
Décimo primeira. Compromisos que asume a Universidade
A Universidade comprométese a:
a) Distribuír e seleccionar o alumnado que realizará as prácticas.
b) Comunicar coa debida antelación á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde, a través da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, os datos que permitan identificar os/as alumnos/as que realizarán a formación práctica obxecto deste convenio, así como os correspondentes contidos e obxectivos da formación.
c) Facilitarlle ao alumnado que resulte admitido para a realización das actividades que se programen no marco deste convenio información sobre:
– A duración, o calendario, o horario e o lugar das prácticas.
– Os traballos que, de ser o caso, teñan que entregar tanto durante o período de tempo en que se desenvolvan as prácticas como no momento da súa finalización (memorias, informes...); todo iso na forma en que se indique no proxecto formativo que se estableza.
– O carácter formativo das prácticas, de forma que comprendan que non poderán asinar nin asumir responsabilidades nin realizar actuacións que exixan desempeño profesional.
Nesta liña, a Universidade realizará todo o necesario para que os traballos que se lle encomenden ao alumnado durante a realización das prácticas estean en consonancia coa finalidade principal do convenio, que non é outra que a de facilitar o seu estudo e formación, tendo en conta que o alumnado só poderá realizar actividades relacionadas co proxecto formativo asociado á titulación que está a cursar.
d) Velar para que a utilización de recursos e dispositivos asistenciais aos cales teña acceso o alumnado na realización das prácticas non afecte de ningún xeito o normal funcionamento dos centros ou servizos dependentes da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde, así como para que respecte en todo momento a vida profesional da organización á cal se incorpora e, especialmente, as persoas coas cales establece relación e os recursos que utilice.
e) Adoptar as medidas necesarias para garantir que o alumnado acate as normas propias do centro ou do servizo de acollida. Con todo, a realización das prácticas axustarase ao proxecto formativo titorizado que, previamente ao seu comezo, se deseñe, e que deberá conter as diversas actividades en que o alumnado se iniciará, de maneira que debe quedar diferenciado o labor, a dedicación e a duración das xornadas de prácticas do alumnado respecto das que teñan os profesionais dos centros ou entidades onde as desenvolvan.
f) Expedirlles os certificados acreditativos do seu labor de titorización aos profesionais responsables das titorías de prácticas.
g) Organizar e coordinar actividades de formación para os responsables das titorías de prácticas que faciliten o intercambio de experiencias entre os/as profesionais da sanidade e o profesorado universitario, intensificando canles de colaboración.
h) Facilitar a participación das persoas responsables das titorías naqueles cursos, congresos, xornadas, etc., organizados polos departamentos responsables da docencia vinculada ás prácticas, que supoñan unha posibilidade de mellora do desenvolvemento das prácticas.
i) Verificar o cumprimento da cláusula décimo cuarta, relativa aos seguros do alumnado que solicite a realización das prácticas ao abeiro deste convenio.
j) Solicitarlles aos seus alumnos a certificación negativa de delitos sexuais no caso de realizaren prácticas con menores e informar a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
k) Asumir as obrigas da Seguridade Social que, de acordo coa normativa vixente, lle poidan corresponder para o caso das prácticas formativas non remuneradas.
l) Calquera outra condición que singularmente se recolla neste convenio ou no documento de adhesión a este convenio.
Décimo segunda. Compromisos que asumen a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde
A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, e as entidades instrumentais adscritas a ela en que se poidan levar a cabo estas prácticas, comprométense a:
a) Informar a todas as institucións correspondentes e os seus profesionais das características deste convenio, apoiando a súa integración na realización das prácticas.
b) Posibilitar na medida das necesidades e dos recursos de cada momento, e sempre supeditado ás necesidades asistenciais, a liberación de parte do horario laboral daqueles profesionais que colaboren no programa de prácticas, para que poidan participar en actividades de formación relacionadas coas tarefas profesionais habituais ou para un mellor desenvolvemento das actividades prácticas.
c) Valorar, para os efectos oportunos, no currículo persoal, as horas anuais correspondentes ás tarefas de titorización, conforme a acreditación que outorgará a Universidade.
d) Ofrecer as condicións necesarias para recibir as persoas que vaian realizar as prácticas, comprometéndose a propiciar o óptimo desenvolvemento do programa de prácticas que se defina, facilitándolle ao alumnado os medios e os recursos dos que dispoñen, así como a favorecer a implicación do persoal sanitario e non sanitario que traballe nas funcións de titoría e coordinación das prácticas que lles competa realizar.
e) Facilitar a utilización dos seus recursos e dos dispositivos asistenciais para o cumprimento dos programas que en cada caso se establezan, de maneira que o alumnado poida realizar adecuadamente as prácticas.
Décimo terceira. Uso de instalacións da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde
O alumnado que realice as prácticas ao abeiro deste convenio poderá utilizar as instalacións e os servizos das bibliotecas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou das entidades instrumentais adscritas a ela, incluíndo os servizos e as prestacións da biblioteca virtual (Bibliosaúde), nas mesmas condicións que o persoal da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
Décimo cuarta. Seguros
A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, así como as entidades instrumentais adscritas a ela en que se poidan realizar as prácticas, non se fan responsables dos accidentes ou das enfermidades que o alumnado poida padecer no transcurso das prácticas, nin tampouco dos danos que poida ocasionar, durante a realización destas prácticas, a persoas ou bens; a Universidade deberá responder destes, directamente ou a través do correspondente seguro.
A Universidade comprométese a que os alumnos e as alumnas en prácticas estean cubertos polo seguro escolar e os estudantes maiores de 28 anos por unha póliza de seguro que cubra os accidentes e as enfermidades que a alumna ou o alumno poida padecer no transcurso do período de prácticas.
Ao mesmo tempo, a Universidade terá contratada unha póliza de accidentes e de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir como consecuencia da realización das prácticas que, baixo a súa responsabilidade, deberá estar vixente durante todo o período de prácticas.
A ausencia ou a non adecuada acreditación destes seguros supoñerá a imposibilidade de realización das prácticas.
Décimo quinta. Vinculación laboral
De conformidade co establecido no artigo 24.9 do Real decreto 1791/2010, do 30 de decembro, e no artigo 2 do Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, as prácticas externas de carácter formativo estarán axustadas á formación e á competencia dos/das alumnos/as e o seu contido non poderá dar lugar, en ningún caso, á substitución da prestación laboral propia de postos de traballo, nin xerará vínculo laboral nin contractual coa Consellería de Sanidade nin co Servizo Galego de Saúde, nin coas entidades instrumentais adscritas a ela nas cales se leven a cabo as prácticas.
Así mesmo, e no caso de que ao rematar os estudos o estudante se incorpore ao cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde ou da Consellería de Sanidade, ou, de ser o caso, das entidades instrumentais adscritas a esta, o tempo destas prácticas non se computará para efectos de antigüidade nin eximirá do período de proba, de ser o caso. A realización destas prácticas académicas externas non terá a consideración de mérito para o acceso á función pública nin será computada para efectos de antigüidade ou recoñecemento de servizos previos.
Décimo sexta. Inclusión no sistema da Seguridade Social do alumnado que realice prácticas externas baixo a aplicación deste convenio
1. A realización de prácticas externas ao abeiro deste convenio determinará a inclusión no sistema da Seguridade Social das persoas que as realicen, que quedarán comprendidas como asimiladas a traballadores por conta allea no réxime xeral da Seguridade Social.
2. O cumprimento das obrigas da Seguridade Social corresponderalle á Universidade, que asumirá a condición de empresario e deberá comunicar os días efectivos de prácticas a partir da información que lle facilite a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
3. A cotización da Seguridade Social axustarase ao establecido na disposición adicional quincuaxésima segunda do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, para o caso das prácticas formativas non remuneradas.
4. A Universidade garantirá o cumprimento do establecido nesta cláusula para cada un dos alumnos/as que, con base neste convenio, sexan autorizados pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a realización das prácticas nos centros e servizos asistenciais ou unidades administrativas que o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade, ou as entidades instrumentais adscritas a esta, poñen á disposición para tal fin.
5. Esta cláusula será de aplicación para todo o alumnado que realice prácticas externas ao abeiro deste convenio a partir do 1 de xaneiro de 2024.
6. Malia o anterior, no caso do alumnado matriculado nunha universidade ou nun centro estranxeiro, a aplicación da disposición adicional quincuaxésimo segunda do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, para o alumnado que realice prácticas externas baixo a aplicación deste convenio, quedará supeditada aos criterios interpretativos que se establezan desde a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social para os estudantes matriculados nunha universidade ou nun centro estranxeiro que, como consecuencia da dita matriculación, realicen as prácticas en España nos termos e condicións establecidos na mencionada disposición adicional.
Décimo sétima. Certificación negativa de delitos sexuais
En cumprimento do artigo 57.1 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, os centros e institucións sanitarias da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou as entidades instrumentais adscritas a ela en que se realicen as prácticas, exixiranlle ao alumnado de calquera nivel formativo que realice as prácticas externas a certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais nos mesmos termos que ao persoal destes.
Correspóndelle á Universidade, como responsable dos estudantes en prácticas, solicitarlles aos seus alumnos a citada certificación negativa.
Décimo oitava. Dereito á dignidade e intimidade dos/das pacientes
Mediante a Orde SSI/81/2017, do 19 de xaneiro, publicouse o Acordo da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde polo que se aproba o protocolo mediante o que se determinan as pautas básicas destinadas a asegurar e protexer o dereito á intimidade do paciente polos alumnos e residentes en Ciencias da Saúde (BOE do 6 de febreiro de 2017).
No momento da súa incorporación, os/as alumnos/as deberán ser informados deste protocolo e asinarán un compromiso de confidencialidade segundo o modelo establecido na Orde SSI/81/2017, do 19 de xaneiro.
Este protocolo baséase en todas as normas xurídicas vixentes relacionadas co dereito á intimidade das persoas e fai referencia, entre outros, aos seguintes termos:
1. Identificación do alumnado en prácticas
Segundo o establecido neste, os/as alumnos/as deben estar correctamente identificados/as. A Dirección do centro sanitario poderalles facilitar unha tarxeta identificadora que deberán levar en lugar visible.
Os/as pacientes teñen dereito a saber que hai alumnos/as en formación presentes no seu proceso asistencial e requirirase o seu consentimento verbal, que se reiterará se se realiza algún tipo de exploración física, procedemento clínico ou intervención con fins formativos.
No caso de que o/a paciente se negue expresamente, o persoal en formación non estará presente no proceso de atención asistencial.
Salvo supostos especiais consentidos polo/a paciente, durante os actos clínicos que se realicen en presenza deste non deberán estar presentes máis de tres alumnos/as por paciente.
2. Acceso aos datos clínicos.
Os/as alumnos/as, salvo consentimento expreso do/da paciente, só poderán acceder ao contido das historias clínicas logo de disociación dos datos clínicos dos persoais, para garantir o seu anonimato, ou ás historias clínicas simuladas polo/a responsable de docencia co fin de garantir que a aprendizaxe derivada destas se realiza respectando a intimidade e a confidencialidade dos datos de saúde.
Este dereito de acceso limítase ao coñecemento dos datos contidos nas historias clínicas, e non dispoñen en ningún caso de usuario de acceso aos sistemas de información do Servizo Galego de Saúde.
A realización de traballos fin de grao que implique no seu desenvolvemento o acceso a pacientes ou usuarios do Sistema público de saúde de Galicia, ás súas mostras biolóxicas ou aos seus datos de carácter persoal deberá cumprir cos requisitos ético-legais aplicables á investigación biomédica en España e obter os informes e autorizacións que lle sexan de aplicación segundo o tipo de estudo. Tamén deberá axustarse á Instrución 2/2020, relativa ao protocolo para o tratamento de datos de saúde en estudos de investigación biomédica (Resolución do 10 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade).
3. Deber de confidencialidade/segredo.
Os/as alumnos/as están sometidos ao deber de confidencialidade/segredo, non soamente durante a estadía no centro sanitario en que se estean formando, senón tamén unha vez concluída esta, sen que o dito deber se extinga pola defunción do/da paciente.
O deber de confidencialidade afecta tanto os «datos íntimos» como os datos biográficos do/da paciente e o seu contorno, cuxo coñecemento por terceiras persoas poida afectar os dereitos da persoa obxecto de tratamento.
O deber de confidencialidade/segredo non soamente se refire aos datos contidos na historia clínica do/da paciente, senón tamén aos que se teña acceso mediante comunicación verbal, gravacións, vídeos, os contidos en calquera tipo de arquivo informático, electrónico, telemático ou rexistro público ou privado, incluíndo os referidos ao grao de discapacidade e información xenética.
O alcance do deber de confidencialidade esténdese tamén a calquera outro dato de carácter persoal, non só dos/das pacientes con que trate, senón de calquera paciente, profesional ou terceiras persoas das cales poidan chegar a coñecer os ditos datos.
Por último, o deber de confidencialidade abrangue tamén calquera outra información que poida chegar a coñecer durante o seu período de prácticas, aínda que non sexan datos de carácter persoal. Moitos dos elementos aos cales terán acceso poderán afectar a seguridade das instalacións ou dos sistemas de información, afectar os intereses lexítimos de terceiros e tamén poden estar protexidos por dereitos de propiedade intelectual, patentes ou semellantes. Polo tanto, non poden ser revelados ou utilizados sen autorización expresa do Servizo Galego de Saúde.
4. Rexistro do alumnado.
Os centros dispoñerán dun libro rexistro de alumnos/as en formación que cumprirá os requisitos establecidos na lexislación en materia de protección de datos para a creación de ficheiros que conteñen datos persoais. A este rexistro traspasaranse anualmente os datos citados e a anotación relativa a que se subscribiu o compromiso individual de confidencialidade.
Décimo novena. Financiamento do convenio
A sinatura deste convenio non require de achegas económicas por parte das institucións adheridas e por iso non se precisa consignación orzamentaria, sen prexuízo das obrigas que, en materia de seguridade social, asume a Universidade, de conformidade co previsto na cláusula décimo sexta.
O alumnado ao abeiro deste convenio non percibirá contraprestación económica da Consellería de Sanidade nin do Servizo Galego de Saúde, ou das entidades instrumentais adscritas a ela, pola realización destas prácticas.
Vixésima. Solicitudes de prácticas externas
1. As entidades adheridas a este convenio poderán solicitar de maneira telemática, á Acis, a través do enderezo de correo electrónico docencia.Acis@sergas.es, a realización de prácticas concretas, para o cal deberán identificar:
a) Identidade do alumnado que solicite a práctica.
b) Facultade/escola universitaria, titulación e curso.
c) Contidos e obxectivos da formación práctica, especificando se son prácticas integradas nos plans de estudos (curriculares) ou prácticas non incluídas no plan de estudo da titulación (extracurriculares), pero validables por créditos de libre elección.
d) Centro/s solicitado/s para a realización da estadía práctica e área ou servizo de preferencia para a realización desta.
e) Período/s da estadía práctica, con data de inicio e finalización, e a duración horaria estimada.
f) Existencia de seguro escolar e, para os estudantes maiores de 28 anos, póliza de seguro que cubra os accidentes e enfermidades que o alumno poida padecer no transcurso do período de prácticas.
g) Compromiso de contratación por parte da Universidade dunha póliza de responsabilidade civil que ampare a cada alumno definitivamente admitido e cubra posibles danos a persoas ou bens que este poida ocasionar durante a realización das ditas prácticas e que, baixo a súa responsabilidade, deberá estar vixente durante todo o período destas.
h) Compromiso de asumir por parte da Universidade as obrigas da Seguridade Social que, de acordo coa normativa vixente, lle poidan corresponder para o caso de prácticas formativas non remuneradas.
Para a identificación de tales datos poderase utilizar o modelo recollido como anexo II a este convenio.
2. A solicitude de realización de prácticas externas poderá efectuarse:
– No mesmo momento en que se formaliza a solicitude de adhesión ao convenio de cooperación educativa.
– Nun momento posterior; neste caso, estando vixente a adhesión da Universidade ao convenio de cooperación educativa, non sería preciso volver solicitar unha nova adhesión.
3. A aceptación da solicitude, a selección de centros ou unidades e o número definitivo de alumnos estarán supeditados á previa satisfacción das demandas de formación práctica procedentes do Sistema universitario de Galicia, conforme o establecido nos acordos subscritos entre a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde.
4. Corresponderalles ao Servizo Galego de Saúde e á Consellería de Sanidade, a través da Acis, a selección dos centros asistenciais ou unidades administrativas para a realización das prácticas e o establecemento do número definitivo de alumnos participantes, unha vez consultada a dispoñibilidade docente nos correspondentes centros, dispositivos asistenciais e unidades administrativas, e tendo en conta criterios de índole didáctica e organizativa.
5. No caso de que o número de prazas dispoñibles para a formación práctica sexa inferior á solicitude inicial, desde a Acis comunicaráselle á Universidade solicitante o número definitivo de alumnos admitidos e corresponderalle ao dito centro universitario a selección dos alumnos solicitantes e a comunicación da súa identidade para a emisión e o envío da correspondente resolución.
6. Corresponderalle á persoa que ocupe a Xerencia da Acis, a resolución das solicitudes de prácticas externas de conformidade co modelo que se xunta como anexo III a este convenio.
7. A Universidade deberá achegar o documento en que se concrete o proxecto formativo das prácticas (actividades, competencias, obxectivos específicos, etc.) e os sistemas de avaliación e control destas, para o cal se poderá empregar o modelo que se xunta como anexo IV a este convenio.
Vixésimo primeira. Natureza xurídica
Este convenio ten natureza administrativa e rexerase pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e pola lexislación sobre a materia obxecto del.
De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, este convenio de colaboración está excluído do ámbito de aplicación desta lei. Con todo, aplicaranse os principios desta para resolver as dúbidas e as lagoas que se poida presentar.
Formará parte deste, en relación con cada entidade adherida, a totalidade dos documentos das solicitudes e das resolucións que se formalicen entre as partes, de conformidade cos procedementos fixados neles.
Vixésimo segunda. Comisión de Seguimento
Constituirase unha Comisión de Seguimento con cada unha das entidades adheridas, para o cal cada unha das partes designará unha persoa representante para os efectos da súa constitución. Esta comisión terá as seguintes funcións:
– Impulsar e debater as iniciativas e proxectos que se propoñan levar a cabo no marco deste convenio.
– Avaliar o grao de cumprimento e desenvolvemento deste convenio e dos proxectos que se leven a cabo no seu desenvolvemento.
– Tratar sobre a interpretación, a modificación ou a resolución deste convenio de cooperación educativa ou os acordos que se materialicen.
A dita comisión reunirase sempre que o solicite calquera das partes asinantes.
Vixésimo terceira. Confidencialidade
De conformidade co establecido no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, así como no resto de lexislación vixente nesta materia, ambas as partes se comprometen a gardar a máis estrita confidencialidade respecto de calquera das informacións, datos e documentación de carácter persoal a que teñan acceso en virtude deste convenio e ao deber de gardalos, sen que poidan utilizalos para usos diferentes aos previstos neste, facendo constar, de maneira expresa, que velarán polo cumprimento da normativa de protección de datos persoais de aplicación en cada caso. Estas obrigas subsistirán mesmo despois de finalizar as relacións negociables entre as partes.
Vixésimo cuarta. Xurisdición
Este convenio de cooperación educativa ten natureza administrativa. As dúbidas que poidan xurdir sobre a súa interpretación serán resoltas de mutuo acordo entre as partes pola Comisión de Seguimento prevista nel. Con todo, en caso de persistencia do desacordo, corresponderalle á xurisdición contencioso-administrativa de Santiago de Compostela resolver as cuestións litixiosas que poidan xurdir da súa interpretación e cumprimento.
Vixésimo quinta. Rexistro de convenios, transparencia e bo goberno
A sinatura deste convenio de cooperación educativa leva implícito o consentimento expreso das partes intervenientes para que a Administración pública autonómica galega poida facer públicos os datos de carácter persoal e demais especificacións que figuren nel, de acordo co disposto na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e na Lei galega 1/2016, do 18 de xaneiro.
O contido deste convenio será publicado no Diario Oficial de Galicia e será obxecto de inscrición no Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, nos termos previstos no Decreto 126/2006, do 20 de xuño, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia.
Vixésimo sexta. Vixencia do convenio
Este convenio de cooperación educativa estará vixente ata a finalización do curso 2027/28 e esta vixencia será de aplicación aos correspondentes acordos de adhesión, e o prazo máximo de vixencia será o mesmo que o previsto para este convenio de acordo co recollido nesta cláusula.
Vixésimo sétima. Causas de resolución
Serán causas de resolución deste convenio e dos acordos de adhesión a este:
1. O transcurso do prazo de vixencia do convenio previsto na cláusula anterior.
2. O común acordo das partes, que se plasmará por escrito.
3. A imposibilidade, legal ou material, de dar cumprimento ás súas cláusulas.
4. O incumprimento total ou parcial das cláusulas e obrigas establecidas neste convenio por calquera das partes, que non sexa emendado no prazo de trinta (30) días seguintes ao da recepción da notificación escrita da parte que aprecie o incumprimento, identificando dito incumprimento e reclamando a súa enmenda.
5. A vulneración do deber de confidencialidade sobre os datos de carácter persoal ou de calquera outra obriga derivada da lexislación de protección de datos de carácter persoal.
6. Por decisión xudicial declaratoria da nulidade deste.
7. Por calquera outra causa distinta das anteriores, prevista na normativa que lle sexa de aplicación.
|
Pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde Asdo.: Antonio Gómez Caamaño |
Pola Universidade de… Asdo.: |
ANEXO I
Acordo de adhesión ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta
Don/dona..................................................................................................................., con DNI número ......................., en calidade de................................................ da Universidade ……………………………………………..................., con sede en.........................................
Solicita a adhesión ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta, e manifesta coñecer e aceptar a totalidade das condicións establecidas nel.
Asdo.:………………………………………………
Resolución de adhesión ao convenio de cooperación educativa.
De conformidade coa solicitude formulada para a adhesión ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta, acórdase a súa entrada en vigor na data da sinatura dixital deste documento.
Pola Consellería de Sanidade
Asdo.:………………………………………………
ANEXO II
Solicitude de prácticas externas de alumnos con base no convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta
Don/dona........................................................................................................................., con DNI número......................., en calidade de........................................... da Universidade ……………………………………………..................., con sede en..........................................
Como entidade adherida ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta,
1. SOLICITA:
A realización da estadía de formación práctica para o alumnado da dita universidade, que a continuación (ou en documento anexo) se detalla:
Curso académico 202_/2_
1. Estudante beneficiario/a deste convenio:
Apelidos e nome:
DNI:
Data de nacemento:
Enderezo electrónico:
Teléfono:
2. Titulación e curso en que está matriculado/a o/a alumno/a:
3. Tipo de prácticas:
Curriculares/extracurriculares/traballo fin de grao ou máster.
4. Unidade/Servizo/Centro de destino e localidade da Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde-entidade instrumental adscrita onde solicita realizar as prácticas:
5. Duración das prácticas académicas externas (dd/mm/aa):
Data inicio:
Data finalización:
Nº total de horas:
Horas/día:
6. Persoa de contacto na Universidade para a xestión das prácticas:
Don/dona:
Enderezo electrónico:
Teléfono:
7. Obxectivo educativo das prácticas:
O obxectivo educativo destas prácticas é que o alumnado aplique e complemente os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que o preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de emprendemento; todo iso de acordo co proxecto formativo que se estableza para elas.
2. DECLARA:
– Que existe un seguro escolar en vigor e/ou, para estudantes maiores de 28 anos, unha póliza de seguros que cubra os accidentes e enfermidades que o alumno poida padecer no transcurso do período de prácticas.
– Que, de ser admitida esta solicitude, se adquire o compromiso de contratación dunha póliza de responsabilidade civil que ampare o alumno e cubra os posibles danos a persoas ou bens que este poida ocasionar durante a realización das prácticas e que, baixo a responsabilidade desta universidade, deberá estar vixente durante todo o período destas.
– Que se adquire tamén o compromiso de asumir por parte da Universidade as obrigas da Seguridade Social que, de acordo coa normativa vixente, lle poidan corresponder para o caso de prácticas formativas non remuneradas.
– Que, unha vez finalizada a estadía práctica solicitada e recibido o informe sobre as actividades de cada alumno, se lles emitirá aos profesionais asistenciais que titorizan a formación práctica, como recoñecemento ao seu esforzo, un certificado acreditativo do labor de titorización realizado, segundo o modelo que se xunta como anexo V a este convenio ou segundo o modelo vixente na dita universidade, sempre que incorpore os datos recollidos no citado anexo V.
Na data da sinatura dixital
Asdo.: ……………………………………………………………….
ANEXO III
Resolución de aceptación de prácticas externas de alumnado de grao/máster con base no convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta
Vista a solicitude presentada pola <centro de orixe>, con data <data da solicitude>, para a realización de formación práctica do/da alumno/a da dita universidade, e existindo conformidade do centro de destino para asumir a correspondente docencia práctica, RESÓLVESE FAVORABLEMENTE o seguinte período formativo (*):
Curso académico 202_/2_
1. Estudante beneficiario/a deste convenio:
Apelidos e nome:
DNI:
Data de nacemento:
Enderezo electrónico:
Teléfono:
2. Centro educativo de orixe.
3. Titulación e curso en que está matriculado/a o/a alumno/a:
4. Unidade/Servizo/Centro de destino e localidade da Consellería de Sanidade -Servizo Galego de Saúde-entidade instrumental adscrita onde realizará as prácticas:
5. Duración das prácticas académicas externas (dd/mm/aa):
Data inicio:
Data finalización:
Nº total de horas:
Horas/día:
6. Tipo de prácticas:
Curriculares/extracurriculares/traballo fin de grao ou máster.
Santiago de Compostela, na data e hora que se indican na sinatura dixital.
Asdo.: Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
ANEXO IV
Modelo tipo de proxecto formativo para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta
Curso académico 202_/2_
1. Estudante beneficiario/a deste convenio:
Apelidos e nome:
DNI:
Enderezo electrónico:
Teléfono:
2. Titulación e curso en que está matriculado/a o/a alumno/a:
3. Tipo de prácticas:
Curriculares/extracurriculares/traballo fin de grao ou máster
4. Unidade/Servizo/Centro de destino e localidade da Consellería de Sanidad-Servizo Galego de Saúde-entidade instrumental adscrita onde solicita realizar as prácticas:
5. Duración das prácticas académicas externas (dd/mm/aa):
Data inicio:
Data finalización:
Nº total de horas:
Horas/día:
6. Titor ou titora académica:
Don/dona:
DNI:
Enderezo electrónico:
Teléfono:
7. Obxectivo educativo das prácticas:
O obxectivo educativo destas prácticas é que o alumnado aplique e complemente os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que o preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de emprendemento.
8. Proxecto formativo das prácticas:
O proxecto formativo concreto das prácticas académicas externas (actividades, competencias, obxectivos específicos, etc.) descríbese a continuación (ou en documento anexo).
9. Sistemas de avaliación e control:
O/a titor/a académico/a, á vista do informe da entidade colaboradora e da memoria final do/da alumno/a, avaliará as prácticas realizadas tal e como se establece na cláusula oitava do convenio.
A asistencia ás prácticas é requisito indispensable para poder ser avaliado/a. O/a alumno/a deberá asistir á seguinte % das horas de prácticas programadas: ___ %.
|
O/a titor /a académico/a (Universidade) Asinado: ………………….. |
O/a titor/a de prácticas (Consellería de Sanidade/Sergas/entidade instrumental adscrita) Asinado: ………………….. |
O/a estudante Asinado: ………………….. |
ANEXO V
Modelo de certificado de recoñecemento do labor de titorización con base no convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta
O/a abaixo asinante,con DNI nº... , en calidade de... da Universidade de...
CERTIFICO:
Que ..., con DNI nº ..., exerceu como titor/a profesional do alumnado en prácticas académicas externas desta universidade, de acordo coa información que se indica a seguir:
|
Curso académico |
|
|
Titulación |
|
|
Materia |
|
|
Alumno/a |
|
|
Centro |
|
|
Período-Horas recoñecidas |
Do día/mes/ano ao día/mes/ano _ XX horas |
Que o/a titor/a profesional desenvolveu as actividades arriba citadas, segundo a información que figura nos arquivos da Universidade.
E para que conste, unha vez comprobada a veracidade dos datos, asino este certificado na data da sinatura electrónica.
