DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 31 de decembro de 2024 Páx. 69418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 671.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 5 de decembro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 671 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 2.606,21 m².

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante aceptación e adxudicación parcial de herdanza e, sucesivamente, mediante pacto de mellora).

Actuais titulares: María Rosario Chantada Millán (***6318**) e Antonio Pazos González (***8959**).

Novos titulares: María Rosario Chantada Millán (***6318**) e Antonio Pazos Leiro (***4829**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 5 de decembro de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo