De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se poidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.
A comparecencia deberá efectuarse, logo de cita, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte so do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 16 decembro de 2024
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Interesado |
NIF/CIF |
Acto notificado |
|
36R001/913/2023 |
Grupo Nela Rehabilitacions, S.L. |
B16768442 |
Comunicación de reclamación e proposta de mediación |
|
36R001/1323/2024 |
23004591Z |
Comunicación de reclamación e proposta de mediación |
|
|
36R001/1344/2024 |
Remarketing Vehículos Ocasión de Madrid, S.L. |
B87499844 |
Comunicación de reclamación e proposta de mediación |
|
36R001/1628/2024 |
Automóviles García e Hijos, S.C. |
J94082179 |
Comunicación de reclamación e proposta de mediación |
|
36R001/1743/2024 |
47350352E |
Comunicación de reclamación e proposta de mediación |
