DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 31 de decembro de 2024 Páx. 69389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións nos Baños, no concello de Bande (expediente 2024AAE2910).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, formulado o 13 de decembro de 2024, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións nos Baños, no concello de Bande.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2910).

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade