DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 31 de decembro de 2024 Páx. 69447

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a designación como persoal laboral fixo das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico/a Cexar e técnico/a de campo da categoría de oficial de comunicacións/auxiliar técnico/a de comunicacións do grupo V.

Mediante a Resolución do 29 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico Cexar e técnico de campo na categoría oficial de comunicacións/auxiliar técnico de comunicacións do grupo V da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. (anuncio da convocatoria no DOG nº 248, do 30 de decembro).

Mediante a Resolución do presidente do Consello de Administración de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., do 20 de decembro de 2024, desígnase como persoal laboral fixo, para a formalización do correspondente contrato, ás persoas que superaron o proceso de selección e acreditaron estar en posesión dos requisitos necesarios. A resolución está publicada na páxina web de Retegal (https://www.retegal.gal).

Coa publicación da citada resolución dáse por concluído o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico/a Cexar e técnico/a de campo da categoría de oficial de comunicacións/auxiliar técnico/a de comunicacións do grupo V.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024

Julián Cerviño Iglesia
Presidente do Consello de Administración