No Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Pontevedra tramítase o recurso 294/2024 (procedemento abreviado), interposto por Raquel Martínez Garnelo contra a Resolución do 20 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 164, do 27 de agosto), na categoría de dietista-nutricionista, en relación coa non baremación da experiencia profesional en centros privados na mesma categoría.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
