Convocada por resolución LD-01/2024, do 5 de novembro (DOG núm. 218, do 12 de novembro), a provisión dun posto de xefe de Servizo de Atención Primaria (Ortigueira), polo sistema de libre designación, esta xerencia de Área Sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de servizo de atención primaria (Ortigueira), realizada mediante resolución LD-01/2024, do 5 de novembro (DOG núm. 218, do 12 de novembro).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.
Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.
Ferrol, 23 de decembro de 2024
Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol
ANEXO
Posto de traballo: xefe de Servizo de Atención Primaria (Ortigueira).
Nome e apelidos: Analia Rey Mateo.
DNI: ****126**.
