DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2025 Páx. 166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de agosto de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vedra (expediente DH.A15.101362).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de Vedra.

CIF: P***900**.

Expediente: DH.A15.101362.

Volume total anual: 394,20 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,05 l/s.

Destino:abastecemento no contorno do campo da festa.

Orixe: pozo.

Lugar: Campo da festa.

Parroquia: Sarandón.

Concello: Vedra.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun pozo de barrena de 40 m de profundidade, mediante unha bomba de 1 CV de potencia, situado nas coordenadas UTM X=544.516 Y=4.733.866, dotado dun acumulador de 24 litros, e a súa condución por tubaxe para abastecer diferentes billas e punto de uso no campo da festa, no cemiterio, no recinto multiúsos, na escola de Sarandón e no palco.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro