Ángel Búa Pereira, veciño do lugar das Cerdeiras, parroquia de San Lourenzo de Moraña, concello de Moraña (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco á asemblea xeral a toda as persoas usuarias da Comunidade de Usuarios de Augas As Cerdeiras, Costa e Castriño, a fin de constituírse en comunidade de usuarios e solicitar a correspondente concesión administrativa.
A asemblea terá lugar na Casa do Pobo de Morañó, o día 12 de xaneiro de 2024, ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 en segunda convocatoria, coa seguinte:
Orde do día:
1. Constituírse en comunidade, formación da relación nominal de usuarios, solicitude da concesión administrativa. Elixir o nome e o domicilio da comunidade.
2. Aprobar as bases para a redacción das ordenanzas e dos regulamentos.
3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e dos regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Morañó (Campo Lameiro), 4 de decembro de 2024
Ángel Búa Pereira
Representante da Comunidade de Usuarios
de Augas As Cerdeiras, Costa e Castriño
