Mediante a Resolución da Alcaldía número 2024006487, do 13 de decembro de 2024, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle para axuste de aliñacións na avenida das Mariñas, San Pedro de Nós (Documento NRE 2024022756, do 23 de outubro).
De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do Concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 16 de decembro de 2024
Ángel García Seoane
Alcalde presidente
