DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2025 Páx. 407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación provisional do estudo informativo do trazado do plan sectorial da rede viaria no ámbito do polígono industrial.

O día 26 de novembro de 2024, mediante o acordo da Xunta de Goberno local, aprobouse provisionalmente o estudo informativo do trazado do plan sectorial da rede viaria no ámbito do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, cruzamento vía 5 con vía 1, e conforme o disposto no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, acordouse someter o expediente ao trámite de información pública.

A duración da información pública será de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este período o estudo pode ser examinado polas persoas que o desexen, co obxecto de formular as alegacións que consideren oportunas.

Durante o devandito prazo o expediente estará dispoñible para a súa consulta na sede electrónica do Concello de San Cibrao das Viñas http://sancibrao.sedelectronica.es/

San Cibrao das Viñas, 27 de decembro de 2024

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa