En sesión que tivo lugar o 17 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 12 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro), para cualificar o proceso de elaboración das listas para a contratación de persoal docente do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Aprobar e facer pública a baremación de méritos provisional dos postos de profesor/a de aloxamento-rexedoría de pisos, profesor/a de aloxamento-recepción, profesor/a de xestión de aloxamento e instalacións, profesor/a de enoloxía, profesor/a de prácticas de cociña, profesor/a de inglés, profesor/a de contabilidade e finanzas, profesor/a de economía, profesor/a de dirección estratéxica e control interno, profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC), profesor/a de comunicación e RRPP hostaleira e profesor/a de revenue management e márketing hoteleiro, que poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia: https://www.turismo.gal/espazo-institucional
De conformidade co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, cláusula décimo primeira, establécese un prazo de dez (10) días desde a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de alegacións. Neste período de emenda soamente pode rectificarse a documentación achegada, sen que se poida achegar nova documentación.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2024
Nuria Sánchez Vázquez
Presidenta do tribunal
