De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Nos casos de requirimento de documentación advírtese que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de non presentar os documentos que lles son requiridos no dito prazo, se considerará que desisten da súa petición.
Pontevedra, 17 de decembro de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto que se notifica |
|
REQ_ABV_047 |
35301107V |
Requirimento de documentación |
|
REQ_ABV_047 |
Segismundo Canay Iglesias |
Requirimento de documentación |
|
REQ_ABV_047 |
Lidia Canay Iglesias |
Requirimento de documentación |
|
REQ_ABV_047 |
Elsa Dorrego Canay |
Requirimento de documentación |
|
REQ_ABV_047 |
35346396L |
Requirimento de documentación |
|
MA_048_TA_36 |
76863944Z |
Trámite de audiencia |
