De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, o 19 de decembro de 2024, do proxecto da liña de alta tensión a 220 kV PE Gato-SEC Mesón e subestación colectora Mesón 220/132 kV, nos concellos de Abegondo, Carral, Ordes e Oza-Cesuras (A Coruña), promovido por Greenalia Wind Power Gato, S.L.U.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, e da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
