De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 24 de setembro de 2023 (BOE do 4 de outubro) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria,
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo é inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 26 de decembro de 2024
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Praza núm. 1.
|
Código: |
TU2401-C07-640-TU-TC-01 |
|
Corpo: |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0640 Nutrición e bromatoloxía |
|
Departamento: |
D00C07 Química Analítica e Alimentaria |
|
Centro de traballo: |
101 Facultade de Ciencias |
|
DNI |
***0981** |
|
Nome e apelidos |
Prieto Lage, Miguel Ángel |
