DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2025 Páx. 822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 4 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude
das autorizacións administrativa previa e de construción das instalacións relativas ao proxecto da planta solar fotovoltaica de
Cartelle e a súa liña de evacuación, sitas no concello de Cartelle, provincia de Ourense (expediente IN408A 2023/03-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Expediente: IN408A 2023/03-3.

Solicitante: AMR 7 Energías Renovables, S.L.; NIF: B06868780.

Domicilio social: rúa Cardenal Marcelo Spínola, 14, 1º dereita. 28016 Madrid.

Denominación do proxecto: planta solar fotovoltaica de Cartelle e a súa liña de evacuación.

Termo municipal: Cartelle (Ourense).

Características técnicas da instalación:

– Tipo de instalación: produción.

– Paneis fotovoltaicos: 16.560 módulos de 665 Wp/módulo.

– Inversores: 28 inversores de 352 kVA.

– Potencia instalada (artigo 3 do Real decreto 413/2014): 9,8 MWn.

– Potencia pico instalación: 11,012 MWp.

– Produción anual estimada: 18,56 Gwh/ano.

– Dous centros de transformación prefabricados con transformador de 4.928 kVA e relación de transformación 0,8/30 kV.

– Liña soterrada en gabia para a conexión entre os centros de transformación e a subestación elevadora de 30/220 kV SE Arnoia, cunha lonxitude total de trazado de 5,7 km. O cable proxectado é AL RHZ1-2OL 26/4 18/30 kV 1×630 mm2 K AL + H25: cable illado de illamento XLPE 18/30 kV de aluminio 1×630 mm2 de sección e pantalla constituída por fíos de cobre en hélice, con cinta de cobre a contra espira.

Orzamento de execución material: 6.394.558,54 €.

Localización:

– Parcelas ocupadas pola instalación de produción, cunha superficie total afectada de 16,20 Ha:

Referencia catastral

Superficie total parcela (m2)

Superficie afectada (m2)

32021A09300001

72.455,00

35.639,33

32021A09300049

54.952,00

7.805,49

32021A09309002

2.027,00

1.350,68

32021A09800048

20.531,00

20.530,73

32021A09800049

50.384,00

40.458,21

32021A09809001

2.062,00

1.310,48

32021A09900502

44.720,00

13.520,91

32021A09900575

22.857,00

20.906,24

32021A09901131

21.050,00

19.940,08

32021A09909005

1.416,00

561,54

– Punto de conexión: subestación elevadora de 30/220 kV SE Arnoia.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de produción.

Documentación que se expón:

• Proxecto de execución da planta solar fotovoltaica de Cartelle e a súa liña de evacuación (agosto 2024), asinado o 7 de agosto de 2024.

O que se fai público para o coñecemento xeral e, de ser o caso, presentación das alegacións ou observacións que se consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxías Renovables do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º andar, 32003 Ourense), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Cartelle (Ourense). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Ourense, 4 de decembro de 2024

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense