DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2025 Páx. 833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas II-soterramento do tramo entre os apoios 37N e 41N, no concello de Vilaboa, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., (expediente IN407A 2022/006-4).

A instalación denominada LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas II-soterramento do tramo entre os apoios 37N e 41N foi declarada de utilidade pública mediante a resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 16 de agosto de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A..

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 11 de abril de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Vilaboa.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora na que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 11 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 servidume de paso soterrada

Ocupación temporal

1

36058A066012390000LF

Deilán

Fernando Veras Alvariña

1

4

8,46

12,89

135,16

2

36058A067001330000LS

A Loxe

Concepción Fernández Martínez

19,60

27,47

67,08

3

36058A067001320000LE

A Loxe

Juventino Fernández Curra

1

4

1,65

6,31

124,90