DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2025 Páx. 1237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/355-1).

Expediente: IN407A 2023/355-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: Substitución de apoios 123-B1, 123-B2 e 123-B2-1 e instalación de RC na LMTA POT-803. Mazaricos.

Concello: Mazaricos.

Feitos:

1. O día 21 de agosto de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Por mor duns apoios da liña de distribución de media tensión LMT POT803 (antes, TA2-809, expediente IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación Pontella, no lugar de Corveira, na parroquia de San Fins de Eirón, concello de Mazaricos, que non son capaces de soportar os esforzos, proxéctase a substitución de tres apoios de formigón por uns de tipo metálico e os condutores dos respectivos vans.

Presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: Substitución de apoios 9LMC2E8L//123-B1, 9LM333NU//123-B2 e 9LKGFQW4//123-B2-1, e instalación de RC na LMTA. POT803, asinado con data do 23 de xuño de 2023 por Herminia López Caamaño, enxeñeira técnica industrial eléctrica, con número de colexiada 4.598 de Vigo.

• Anexo, asinado con data do 5 de novembro de 2024 por Rubén Maceiras Sánchez, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electrónica Industrial, con número de colexiado 3.191 do Coeticor.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 18 de setembro de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal dr transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 11 de outubro de 2023, co número 194.

• BOP: 25 de setembro de 2023, co número 183.

• Xornal La Voz de Galicia: 11 de outubro de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: solicitada a certificación de exposición pública do acordo ao dito organismo con data do 16.10.2023, feita a reiteración da dita solicitude ao concello o 25.1.2024, non se obtivo resposta pola súa parte.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación poida prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo de Infraestruturas Agrarias-Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, a Augas de Galicia-Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e ao Concello de Mazaricos. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido por Infraestruturas Agrarias.

5. O día 29.11.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27.5.2024).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Corveira, na parroquia de San Fins de Eirón, concello de Mazaricos.

– Actuación 1:

*Substitución de condutor en tramo LMTA (POT8030975) a 20 kV, de 87 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 9LMC2E8L//123-B1 de formigón existente que se vai substituír por tipo C-1000/16 (frecuentado), da LMT POT803 (antes, TA2-809, expediente IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación Pontella e remate no apoio nº 9LM333NU//123-B2 de formigón existente que se vai substituír por tipo C-4500/16 (frecuentado). Retensado dos vans adxacentes (tramos POT8031043 e POT8030763).

*O reconectador RC (15HCHC) existente no apoio nº 123-B1 que se vai substituír volverase instalar no novo apoio.

*Desmantelamento do autoseccionador (15HRV6) existente no apoio nº 123-B2 que se vai substituír e instalación dun RC no novo apoio.

– Actuación 2:

*Substitución de condutor en tramo LMTA (POT8030800, expediente 33.925) a 20 kV, de 84 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 9LM333NU//123-B2 de formigón existente que se vai substituír e remate no apoio nº 9LKGFQW4//123-B2-1 de formigón existente que se vai substituír por tipo C-1000/12. Retensado do van adxacente augas abaixo.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 10 de decembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Substitución de apoios 123-B1, 123-B2 e 123-B2-1 e instalación de RC na LMTA POT-803

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Mazaricos

Proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza

do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Dolores Domínguez Castelo

15046A504000600000PQ

Santa Leocadia

Novo apoio nº 123-B1

1,69

Rústico

2

María Domínguez López

Julio Lema París

15046A504000590000PL

Pedra Pardiña

65,6

56,82

Rústico

3

María Bermúdez Alvite e outros

15046A504010670000PM

Quinta de Benito

Novo apoio nº 123-B2

1,69

Parcela 18,57

31,09

Rústico

4

Descoñecida/o

15046A504010770000PJ

Lamoso

Novo apoio nº 123-B2-1

1,21

70,88

152,98

Rústico

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.