DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2025 Páx. 1263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 17 de decembro de 2024 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente LUG/37/2023-RP1 (LU-0003-2024).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/37/2023-RP1 (LU-0003-2024) á persoa interesada con documento nacional de identidade número 49018881Q.

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións e os documentos e as xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística