DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2025 Páx. 1231

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 30 de decembro de 2024 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca un concurso público de prazas de persoal docente e investigador laboral.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU), na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), e na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024, esta reitoría fai público que pola Resolución do 30 de decembro de 2024 se convoca un concurso público para a contratación de persoal docente e investigador na seguinte categoría:

• Profesor/a asociado/a: 5 prazas.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da Universidade: http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de decembro de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado