DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2025 Páx. 1260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Sobrado (expediente DH.A15.105137).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Ángel García Casanova.

DNI: ***9719**.

Expediente: DH.A15.105137.

Volume total anual: 546,05 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,05 l/s.

Destino: uso doméstico e gandeiro.

Orixe: manancial.

Lugar: parcela Pichurido.

Parroquia: Codesoso (San Miguel).

Concello: Sobrado.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado nas coordenadas UTM ETRS89 X=585.369,54 Y=4.763.616,29 mediante unha escavación duns 2 m de fondo, rodeada de muros de formigón e tapa metálica, e a súa canalización mediante unha tubaxe duns 40 mm de diámetro ao longo duns 605 m ata unha vivenda situada na referencia catastral 001200100NH86D0000IP.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, nº 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro