O 14.2.2020, Naturgy Renovables, S.L.U. presentou solicitude de declaración de utilidade pública para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Monte Redondo.
Con data do 22.10.2024 a promotora achegou unha relación de bens e dereitos afectados actualizada, en que se recollen os cambios producidos durante a tramitación do proxecto, o que supón o incremento das afeccións sobre algunhas das parcelas.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo indicado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
|
Predio do proxecto |
Interesado/a |
Concello |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Acto que se notifica |
|
191 |
Carril Pedreira, Delfín Rpte. Mª Flora Carril Valiña |
Vimianzo |
16 |
1 |
Fieiteira |
Incremento afeccións RBDA |
|
197 |
Rial Andrade, M. Rosalía |
Vimianzo |
17 |
238 |
Peón |
Incremento afeccións RBDA |
