Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 222, do 18 de novembro de 2024, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 60865, nas condicións da resolución, onde di:
– «Antes do remate do ano 2024 teranse executadas na súa totalidade as obras recollidas no proxecto aprobado, co obxecto de solicitar a correspondente acta de posta en marcha definitiva».
Debe dicir:
– «Desde a data da derradeira publicación desta resolución dispón dun prazo dun ano para ter executadas na súa totalidade as obras recollidas no proxecto aprobado, co obxecto de solicitar a correspondente acta de posta en marcha definitiva».
