DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2025 Páx. 1559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado ás persoas titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2023/140-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA SCV817N entre os apoios número CT-CT-28-11 e CT-CT-28-12, situada no concello de San Cibrao das Viñas, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está á disposición das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense), tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 19 de decembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/140-3.

Instalación: regulamentación da LMTA SCV817N entre os apoios número CT-CT-28-11 e CT-CT-28-12.

Concello: San Cibrao das Viñas.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data da acta de ocupación: 15 de outubro de 2024.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

1

Veiga

32076A007002450001IB

Benigna Abadín Vázquez

Enderezo descoñecido

2

Rodeiro

32076A007002490000UY

María del Carmen Blanco Cid

Enderezo descoñecido