DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2025 Páx. 1579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Pazos de Borbén (expediente DH.A36.105236).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Suroso Comercial, S.L.

Expediente: DH.A36.105236.

Volume total anual: 2.400,00 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,6 l/s.

Destino: uso industrial.

Orixe: dous (2) pozos na parc. 220, pol. 29, do catastro de Pazos de Borbén.

Lugar: A Igrexa.

Parroquia: Amoedo.

Concello: Pazos de Borbén.

Descrición:

A auga cáptase en dous pozos de barrena duns 60 m de profundidade e bombéase a depósito no interior de instalacións na parcela 36037A029005860001YR. Desde o depósito distribúese pola planta para o seu uso no proceso de fabricación, unha vez tratada.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 13 de decembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur